Estamos en tempos de plantar as patacas, pero xa están nos mercados as novas e a peste segue zumbando, segue preocupando e matando. Vai polo aire e chega a onde ninguén pensaba, chega ás vilas e aos lugares máis pequenos. Vai polas aldeas despoboadas atemorizando á xente, como antes atemorizaba aos nenos o apalpador, aquel que viña non se sabe de onde e metÃalles medo aos que comÃan mal. Tanto medo que, se á volta non lles medrara a barriga, levábaos con el, para o monte escuro e pecho, para onde non se soubera nada, nin máis nada.
Os rapaces tÃñanlle medo ao apalpador, que baixaba da serra, e os pais dos nenos tiñan medo de non poder procurar sustento suficiente para unha boa crianza. Nas patacas estaba parte da solución. E nas castañas que, con gargalladas de risa, secábanse no canizo, arriba da lareira acendida e atizada con leña seca de carballo, de bidueiro ou, mesmamente, de buxo prohibida.
Algunhas lendas, ou historias que poden ser verdadeiras, vinculan as patacas cos preitos que mantiñan os campesiños cos recadadores de tributos que tiveron que pagar os cultivadores e comedores de patacas ata moi tarde, ao parecer, ata entrada a terceira década do século XIX. Moito antes, xa dende o século XVI, nos hortos e nas hortas monásticas, sementábanse, sachábanse e apañábanse patacas. Uns apañábanas e outros cociñábanas e comÃanas con carne boa e guisada coa calor de lume lento.
Os produtores de patacas son traballadores dos nosos que andan polas terras de Ourense, de modo especial polos concellos da Limia ou polos coruñeses de Carballo, Coristanco, A Laracha, Malpica de Bergantiños e Ponteceso; por Monforte, Pantón e O Saviñao ou pola Terra Chá e A Mariña luguesas. Agricultores de Galicia que aproveitan a climatoloxÃa adecuada para, se é necesario, co seu traballo erradicar a fame, con patacas e compango, como fixeron outros en épocas recordadas.
É verdade que somos comedores de patacas, mesmo fritas que cocidas, asadas ou viúvas. Ou “patacas arregladasâ€, tan ricas e saborosas, con pemento bo, con touciño rustrido, algo de allo e alegrÃa na casa. Patacas con nada ou con case nada, con chourizo cocido, con ovos fritidos, con sardiñas asadas, con leite mazado e, como di a TÃa Manuela, “se hai fame, con sardiñas de lata, as patacas moi ricas sonâ€. E, con polbo? Pantrigo e patacas con polbo á feira e na feira, ou cocido e rematado na grella, son un manxar magnÃfico, especial para os da casa e para os de fóra. Que aproveite!
|