Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

Un sinal de alerta

Luís Celeiro

03/03/2021


O mundo, a xente do mundo está atrapada, atada á pata do banco. Non pode falar, nin mirar, nin sorrir, nin calar. Non pode seguir, nin parar, nin retroceder, por moito que o intente e por moitos sacrificios que faga. Moitas persoas, das coñecidas e das outras, andan no belén, están implicadas, día e noite, nese asunto tan difícil de resolver. Imposible. Ás enfermidades coñecidas súmanse outras novas, tan perigosas, tan malas e tan mortais como as outras, as do andazo. E o andazo vén cada ano, cada inverno, cada pouco tempo. A moitos dos que lles pega o do virus, vanse e xa non volven, non volven, non.

Outros, tal como está mandado, quedan idos. Moitos fóronse e quedáronse sen ganas de marcha e sen ansias de volver. Parece un mundo ao revés, en contra nosa, en contra de todo. Os psicólogos, psiquiatras, curandeiros e menciñeiros ou albeites non dan feito, vénselles o mundo enriba, co alcatreo da peste toda.

Un mal trae outro consigo. Xúntanse e empeoran. E, segundo os especialistas, o persoal sanitario sofre riscos enormes de trastornos mentais, de ansiedade, estrés agudo e cansazo. Tamén sofren os políticos, incapaces de enxergar unha alternativa. Políticos e políticas, que aquí, nisto, son absolutamente iguais, sen diferencias e sen discusións. Tanto eles como elas, se cómpre facelo, atenden aos biosbardos e aloumiñan aos cocerellos.

Anda a ministra e o ministro na procura de especialistas nas distintas ramas do saber e da ciencia. Páranse de súpeto e vénlles á memoria a saúde mental da maioría, desa que ten que ir ao colexio electoral enseguida. Ningún deles sabe nada das vacinas, dos cobizados remedios que ían vir e non chegan, mentres  o tempo pasa, o mal permanece e a cidadanía, para curalo, “poida que esperte algún día”. Malo será!

Os medios de comunicación publican noticias de aglaio, nas que especialistas na materia advirten de que o impacto da pandemia na saúde “será enorme, e moi grande na saúde mental”, con incidencia na mocidade que sufrirá trastornos varios, entre outros, alimentarios e tentativas de suicidio.  E, onde se agochan os responsables? As hospitalizacións de nenos por anorexia, por bulimia e por obesidade, ao parecer, aumentaron neste último ano, como se fose un sinal de alerta, que require resposta das autoridades sanitarias de aquí e de alá.  



Artigo publicado en:

El Progreso (02/03/21)
La Región (03/03/21)
El Correo Gallego (03/03/21)
El Ideal Gallego (04/03/21)
Diario de Arosa (04/03/21)

Artigos publicados anteriormente:

291). Un sinal de alerta (03/03/21)
290). A grandeza da gaita de fol (24/02/21)
289). Medo, para que? (17/02/21)
288). Á disposición dos lobos (10/02/21)
287). As variantes  (03/02/21)
284). Quen é aquel nada? (13/01/21)
283). Os motores do desenvolvemento (06/01/21)
282). A tenrura do neno pequeniño (30/12/20)
281). Aprendiz, antes que mestre (23/12/20)
280). Quen manda aquí? (16/12/20)
279). Confinamento, mellor na casa (09/12/20)
278). Cousas do demo (02/12/20)
277). Regulamentos, por moreas (25/11/20)
274). Cita previa (04/11/20)
273). Alarmas continuadas (28/10/20)
272). A palabra dada (21/10/20)
262). Un mal sen parangón (12/08/20)
261). De punta en branco (05/08/20)
260). No alcance da mirada (29/07/20) 
259). A ilusión de mandar (22/07/20)
256). Confianza, para rexenerar a esperanza (01/07/20)
255). Cada vez queren gañar máis (24/06/20)

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu