Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

Orgullo de pertenza

Luís Celeiro

04/12/2019


A identificación dos humanos co lugar onde nacen e medran é intensa, na maioría dos casos. Sexa como sexa o lugar, o home é de onde nace, ata sempre, do seu lugar da súa comarca, da provincia, da vila mariñeira ou da montaña. De alí, onde se identifica a xente polo nome do lugar, como se fose o apelido de tódolos habitante da tribo. Cadaquén ten o seu nome, a súa casa, a súa forma de ser, de andar e de pensar, pero son daquel lugar que é diferente a calquera outro e, por suposto, mellor ca tódolos outros. O mesmo sinal de identidade para os veciños, para os tíos dos veciños, para os fillos, para os escolares e para os que se foron ás Américas ou por Europa adiante.

A identidade ninguén quere perdela e non se perde, nin coa distancia, nin mesmamente coa morte. Ese conxunto de características, de elementos que definen a personalidade dunha persoa e dun pobo é permanente,  mentres haxa quen se acorde delas. Xa o dicía Borges, “o importante é que o home saiba e non esqueza nunca quen é”. Niso estamos, amigos lectores, no transo de non perder a memoria, para saber sempre de onde somos.

Somos de onde vimos e a nosa identidade está marcada no pasado e nos antepasados. Somos un pobo que naceu na lonxanía temporal, temos un idioma dos primeiros, temos territorio harmónico e que, ao longo de varios séculos, foi sustento de moitos, e temos cultura propia, para gloria deles e dos outros. Todo isto constitúe a nosa identidade como galegos. Como xente que mira para o futuro, dende a atalaia de respecto aos que nos precederon. De respecto e de admiración porque somos herdeiros e mantemos, pois, o compromiso de seguir avanzando cara a unha sociedade que segue aspirando e demandando xustiza.
 
O Camiño de Santiago é símbolo ou parte da nosa identidade e na súa contorna medraron outros sinais. Un deles o marcado pola lírica galega que -ao parecer- comeza, a principios do século XII, coa pluma caligráfica sen plumín de Martín de Padrozelos, un trobador que os investigadores identifican como o primeiro da historia literaria de Galicia.  A Tía Manuela sábeo ben e, aínda que o boi e o burro son de onde pacen, “nós, os homes leais e as mulleres honestas, somos de onde vimos e temos orgullo de pertenza”.

Artigo publicado en:

El Progreso  (03/12/19)
La Región (04/12/19)

Artigos publicados anteriormente: 

227). Orgullo de pertenza (04/12/19)
226). Cando cambie a lúa (26/11/19)
225). Aprecio aos iguais (13/11/19)
224). Martín de Padrozelos (13/11/19)
223). Para ti, con agarimo (06/11/19)
222). Ao prezo de solombo (30/10/19)
221). Senda aberta (23/10/19)
220). As pallozas, para ver  (16/10/19)
219). A horta urbana  (09/10/19)
218). Da postal ás redes sociais  (02/10/19)
217). Cómpre empezar de novo  (25/09/19)
216). Un mundo enteiro  (18/09/19)
215). En paraxes excepcionais  (11/09/19)
214). Calquera cousa é posible  (04/09/19)
213). Paciencia (28/08/19)
212). Nada de nada (21/08/19)
211). Verde oliva (14/08/19)
210). Ánimo e liberdade (07/08/19)
209). Chove sobre mollado (31/07/19)
208). Non era sen tempo (24/07/19)
207). As cores falan (1/07/19)
206). Vaiche boa! (10/07/19
205). Dialogar e negociar (03/07/19
)

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu