Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

Amarguras, propias e foráneas

Luís Celeiro

07/04/2021


Mentres unhas andan encerelladas en campañas electorais interminables e con resultados incertos, os montes de Galicia florecen como sempre floreceron por este tempo de primavera. Aos toxos dá xenio velos, amarelos e fermosos, tanto os arnais como os gateños ou os toxos femia. As chorimas esténdense polas beiras dos camiños, polas marxes dos carreiros e polos montes de arriba a abaixo, por onde andan as abellas, as reinas e as obreiras, buscando aquel tipo de toxo e toxeira en flor, cada un na súa época.

A flor do toxo fai mel saboroso e, tomada en infusión, seica é remedio para as doenzas do fígado. O señor Modesto da Piorneda rozaba os toxos para o estrume e apañaba, e gardaba como ouro en pano, unha cesta de flores para coidar da saúde dos seus e das vacas súas. E, a raíz? A raíz do toxo verde / é moi mala de arrincare / e os amoriños primeiros, / son moi malos de olvidare, como tantas veces cantou A Roda. Paralelismo parcial entre o amor e a toxeira, coas súas enormes diferencias entre a tenrura e a multitude de espiñas grosas e delgadas, que poden cravarse na barriga, no peito ou na cara. 

O toxo é un arbusto do que saen flores e pugas aguzadas, apropiado para un roto e para un descosido, válido para facerlles o leito aos animais da casa e/ou para escorrentar a bicharada, para que saian tódolos bichos correndo e non volvan. Tamén serven para alimentar ao cabalo, para marcar o carácter de calquera, para que moitos queiran ser e sexan como toxos. Aínda así, o poeta mindoniense, Antonio Noriega Varela, aloumiñaba cos seus versos a esta planta e ás súas flores marelas: As floriñas dos toxos / Nin rosiñas brancas, nin claveles roxos! / Eu venero as floriñas dos toxos.

Así é, os amantes da natureza, de calquera profesión e procedencia, son protectores dos toxos. E, Galicia é o país onde hai máis, é o lugar onde o monte, coas súas mil cores, dobrega as espiñas, amoléceas e fainas servir.  Dio moi ben a Tía Manuela, “temos un país de toxos e flores, en convivencia con xestas e carrachas”. 

Temos un lugar de convivencia espléndida e debemos procurar manter a harmonía entre o noso patrimonio e o noso ser, para que os outros nos comprendan, se queren. Para que nos entendan e para entendernos entre todos, precisamente nestes tempos, nos que hai que conxugar a dozura do mel de uz e de toxo con milleiros de amarguras, propias e foráneas.


Artigo publicado en:

El Progreso (06/04/21)
La Región (07/04/21)
El Correo Gallego (07/04/21)
El Ideal Gallego (08/04/21)
Diario de Arosa (08/04/21)

Artigos publicados anteriormente:

294). As árbores senlleiras (24/03/21)
293). As patacas novas  (17/03/21)
292). Recordar é saúde  (10/03/21)
291). Un sinal de alerta (03/03/21)
290). A grandeza da gaita de fol (24/02/21)
289). Medo, para que? (17/02/21)
288). Á disposición dos lobos (10/02/21)
287). As variantes  (03/02/21)
284). Quen é aquel nada? (13/01/21)
283). Os motores do desenvolvemento (06/01/21)
282). A tenrura do neno pequeniño (30/12/20)
281). Aprendiz, antes que mestre (23/12/20)
280). Quen manda aquí? (16/12/20)
279). Confinamento, mellor na casa (09/12/20)
278). Cousas do demo (02/12/20)
277). Regulamentos, por moreas (25/11/20)
274). Cita previa (04/11/20)
273). Alarmas continuadas (28/10/20)
272). A palabra dada (21/10/20)
262). Un mal sen parangón (12/08/20)
261). De punta en branco (05/08/20)
260). No alcance da mirada (29/07/20) 
259). A ilusión de mandar (22/07/20)
256). Confianza, para rexenerar a esperanza (01/07/20)
255). Cada vez queren gañar máis (24/06/20)

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu