Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

Escusas por milleiros

Luís Celeiro

26/05/2021


Estamos na época dos expertos, de todo, de algo ou de nada. Aquel que vostedes coñecen, experto en “dimes e diretes” foi ao hospital de referencia e atopouse con escusas en tódalas portelas de atención ao público e en tódalas portas nas que chamou. En todas lle presentaban pretextos perfectamente construídos e absolutamente irreais, baseados todos eles na covid19, no bicho vírico que segue esnaquizando a convivencia veciñal, en tódalas partes deste e de aquel outro mundo.

Escusas servís dos que mandan e poden seguir dominando, impunemente e sen vergoña, a aquelas xentes que teñen que calar, e calan, para comer e poder darlles de comer ás súas crianzas.  Fan o que lles parece, o que lles interesa a eles e ás súas catervas. E alegan razóns que son sinxelamente coartadas de “engana bobos”. A situación actual é propicia para o triunfo dos camanduleiros e dos paduáns que aloumiñan unicamente o exterior do seu propio bandullo e, sen acritude, contribúen ao deterioro das institucións públicas. Seguen as directrices marcadas e acabarán cando acaben con todo o que é de todos.

Ese bicho, que veu e anda polos aires repartindo mal e medo, converteuse en escusa eficaz para aplicar a inacción en tódolos ámbitos, en tódalas profesións, en tódolos saberes e no mundo enteiro. Todos quietos e parados!, ata que nada sexa igual nin parecido e, por certo, respecto á pandemia e aos seus froitos amargos.

Escusa perfecta para ser e non ser ao mesmo tempo; para retroceder e avanzar, segundo conveña ao director de márketing, ao patrón da nave, ao director ocasional ou a quen preside a tolemia xeral. Aqueles que teñen unha ou moitas oportunidade de corrixir e non o fan, serán os responsables do fracaso, dese que está petando na porta ou entrando na casa pola parte traseira.

A administración obriga aos cidadáns a ser titulares de conta ou contas bancarias e os bancos pechan e impoñen unha cota por xestionar o que os clientes xestionan; os médicos diagnostican polo que lles contan e estenden receitas para coidar da saúde da veciñanza e da sociedade enferma; os profesores recíclanse como locutores e fan o que poden, o que lles deixan. Efectivamente, como di a Tía Manuela, “non hai formación, nin razóns, nin interese xeral, pero escusas, cadaquén ten as que queira, milleiros para cada ocasión”.

Artigo publicado en:

El Progreso (25/05/21)
La Región (26/05/21)
El Correo Gallego (26/05/21)
El Ideal Gallego (27/05/21)
Diario de Arosa (27/05/21)

Artigos publicados anteriormente:

303). Escusas por milleiros (26/05/21)
302). Carne de cabalo (19/05/21)
301). Liberdade, efectivamente (12/05/21)
300). A horta e a alma súa (05/05/21)
299). Observatorios para nada (28/04/21)
298). Atención e respecto (21/04/21)
297). Aplicación, de que? (14/04/21)
294). As árbores senlleiras (24/03/21)
293). As patacas novas  (17/03/21)
292). Recordar é saúde  (10/03/21)
291). Un sinal de alerta (03/03/21)
290). A grandeza da gaita de fol (24/02/21)
289). Medo, para que? (17/02/21)
288). Á disposición dos lobos (10/02/21)
287). As variantes  (03/02/21)
284). Quen é aquel nada? (13/01/21)
283). Os motores do desenvolvemento (06/01/21)
282). A tenrura do neno pequeniño (30/12/20)
281). Aprendiz, antes que mestre (23/12/20)
280). Quen manda aquí? (16/12/20)
279). Confinamento, mellor na casa (09/12/20)
278). Cousas do demo (02/12/20)
277). Regulamentos, por moreas (25/11/20)
274). Cita previa (04/11/20)
273). Alarmas continuadas (28/10/20)
272). A palabra dada (21/10/20)
262). Un mal sen parangón (12/08/20)
261). De punta en branco (05/08/20)
260). No alcance da mirada (29/07/20) 
259). A ilusión de mandar (22/07/20)
256). Confianza, para rexenerar a esperanza (01/07/20)
255). Cada vez queren gañar máis (24/06/20)

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu