Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

Atención e respecto

Luís Celeiro

21/04/2021


Todo está parado esperando o consello dos que saben, dos que aprenderon e aprenden. Quen son? Tampouco se sabe. Non se sabe nada dos que entenden, nin se entenden ou falan por falar. Incluso algúns pensan que se perdeu o significado das palabras, das verbas pronunciadas e dos textos lidos. A sociedade está en proceso de cambio (ou recambio) e cómpre entendelo así, agardando que sexa para ben. Os sociólogos, psicólogos, animadores culturais, aplaudidores, voceiros de calquera tipo ou casta están, nestes tempos de incertezas, sen identificar o recorrido que lles queda para acadar a meta. Están perdidos no mar profundo e con moitas inclemencias, onde navegan os falangueiros.

Falar non ten cancelas. Sábeno ben os lectores e tamén o saben os que mandan, incluso aqueles aos que lles gustaría mandar calar. Silencio total no patio! E, aínda así, non hai ninguén que escoite. Moitos falan por falar, pero din pouco ou nada do pouco que saben. Os mesmos integrantes do goberno andan ao pairo, pero eses non calan. Falan e falan e volven falar, pola mañá, pola tarde e pola noite, falan sen parar e de forma acompasada. Pero, que din?

Nada, os que andan nas artes da política non din nada e escoitan aínda menos, a pesar que para todos eles o diálogo é o primeiro. Xa o dicía Platón, referíndose e definindo a filosofía, “diálogo silencioso da alma consigo mesma”.

Agora nestes tempos nos que vivimos, o máis importante de todo é a vacina para impedir o avance da Covid-19. E, aí está armada a guerra entre as farmacéuticas, silenciosa e agresiva, moi agresiva para a saúde das xentes que calan, que procesan a mensaxe e a súa contra no mesmo instante. Esas xentes que teñen (temos) medo, calan e esperan. Ata cando será conveniente estar en silencio?

Primeiro eran os máis vulnerables segundo a letra do seu apelido; despois eran os máis novos, de maior a menor idade; agora é difícil de saber a quen lle toca e, con tanta dificultade, ninguén entende que está pasando con estes misterios da vacinación, das proteccións e dos coidados. Mentres tanto,  as políticas partidarias enceréllanse e os políticos responsables das mesmas avivan e agrandan as súa disputas, como se fose un ben social. A Tía Manuela, neste caso, é contundente: “Cómpre impedir que vendan gato por lebre, cómpre esixir atención e respecto”.


Artigo publicado en:

El Progreso (20/04/21)
La Región (21/04/21)
El Correo Gallego (21/04/21)
El Ideal Gallego (22/04/21)
Diario de Arosa (22/04/21)

Artigos publicados anteriormente:

298). Atención e respecto (21/04/21)
297). Aplicación, de que? (14/04/21)
294). As árbores senlleiras (24/03/21)
293). As patacas novas  (17/03/21)
292). Recordar é saúde  (10/03/21)
291). Un sinal de alerta (03/03/21)
290). A grandeza da gaita de fol (24/02/21)
289). Medo, para que? (17/02/21)
288). Á disposición dos lobos (10/02/21)
287). As variantes  (03/02/21)
284). Quen é aquel nada? (13/01/21)
283). Os motores do desenvolvemento (06/01/21)
282). A tenrura do neno pequeniño (30/12/20)
281). Aprendiz, antes que mestre (23/12/20)
280). Quen manda aquí? (16/12/20)
279). Confinamento, mellor na casa (09/12/20)
278). Cousas do demo (02/12/20)
277). Regulamentos, por moreas (25/11/20)
274). Cita previa (04/11/20)
273). Alarmas continuadas (28/10/20)
272). A palabra dada (21/10/20)
262). Un mal sen parangón (12/08/20)
261). De punta en branco (05/08/20)
260). No alcance da mirada (29/07/20) 
259). A ilusión de mandar (22/07/20)
256). Confianza, para rexenerar a esperanza (01/07/20)
255). Cada vez queren gañar máis (24/06/20)

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu