Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

Observatorios para nada

Luís Celeiro

28/04/2021


O ceo é tan grande, tan inmenso que para velo cómpren aparellos especiais, tecnicamente preparados e colocados no seu sitio, onde corresponda e onde o permitan as nubes de cada día, as brétemas ou as nebras de cada instante. Alí, onde se poida, instalarase un observatorio para ver as estrelas, os milleiros de estrelas que hai e non se ven, que brillan e non se ven, as estrelas que alumean e, se é o caso, quentan o corpo dos vivos, dos animais vivos e dos vexetais vivos e mortos.

Hai profesionais que se dedican a observar as estrelas, o universo dende os seus estudos construídos como observatorios para tal fin. Son observadores que seguen a guía dos vellos, dos afeccionados, dos estudosos e dos profesionais da astronomía. Non é pouco, un profesional da astronomía ve as estrelas aínda na noite pecha, en calquera das noites, con brétema ou mellor sen ela.  Os profesionais andan co seu punteiro de led marcando as rutas dos astros, seguindo a vía Láctea, igual que a seguen dende a terra, pola súa claridade, os peregrinos que van (ou veñen) a Santiago de Compostela. 

Agora moitas cousas son diferentes, distintas ao que a sociedade estaba acostumada, distintas ao que moitos pensaban. Xa o di Xoán Pereiro, un sabio e amigo, que non oculta a súa xenreira aos observadores  que miran, antes de nada, polo seu, “a aqueles que xorden e medran como cogomelos na cesta das subvencións”, observatorio do cidadán sobre noticias falsas, observatorio do dereito á morte digna, observatorio da implementación inclusiva, da adolescencia, da auga doce, da intolerancia, das comisións bancarias, da atención telefónica, da integración canina ou do comportamento de calquera membro da familia.

Observa, si señor! ata cando un día poidamos ver a desaparición da intolerancia e do racismo. Ata cando se poida deixar claro, de forma falada, gravada e por escrito, que a igualdade de oportunidades e a protección contra a discriminación son dereitos humanos, aos que ninguén pode obrigarnos a renunciar, pensen o que queiran Bal, Díaz, Gabilondo, García, Iglesias ou Monasterio, Sánchez, Casado ou o mesmo Macario.

Xa o dixo a Tía Manuela, “observatorios para todo e para nada”, para observar os meteoros, a lúa e outros satélites, as estrelas e as estrelas fugaces, nos ceos nocturnos desta terra alumeada pola Vía Láctea. Ou tamén, para vela textura da manteiga asada.

Artigo publicado en:

El Progreso (27/04/21)
La Región (28/04/21)
El Correo Gallego (28/04/21)
El Ideal Gallego (29/04/21)
Diario de Arosa (29/04/21)

Artigos publicados anteriormente:

299). Observatorios para nada (28/04/21
298). Atención e respecto (21/04/21)
297). Aplicación, de que? (14/04/21)
294). As árbores senlleiras (24/03/21)
293). As patacas novas  (17/03/21)
292). Recordar é saúde  (10/03/21)
291). Un sinal de alerta (03/03/21)
290). A grandeza da gaita de fol (24/02/21)
289). Medo, para que? (17/02/21)
288). Á disposición dos lobos (10/02/21)
287). As variantes  (03/02/21)
284). Quen é aquel nada? (13/01/21)
283). Os motores do desenvolvemento (06/01/21)
282). A tenrura do neno pequeniño (30/12/20)
281). Aprendiz, antes que mestre (23/12/20)
280). Quen manda aquí? (16/12/20)
279). Confinamento, mellor na casa (09/12/20)
278). Cousas do demo (02/12/20)
277). Regulamentos, por moreas (25/11/20)
274). Cita previa (04/11/20)
273). Alarmas continuadas (28/10/20)
272). A palabra dada (21/10/20)
262). Un mal sen parangón (12/08/20)
261). De punta en branco (05/08/20)
260). No alcance da mirada (29/07/20) 
259). A ilusión de mandar (22/07/20)
256). Confianza, para rexenerar a esperanza (01/07/20)
255). Cada vez queren gañar máis (24/06/20)

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu