Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

As patacas da semente

Luís Celeiro

02/06/2021


O noso é o país das patacas bravas, amarelas, brancas, de Víctor, de Kennebec e moitas outras que dan moi ben para cocer e comer, como nos gusta comer a nós, aos que somos de terras de patacas fariñentas e de secaño, de patacas ricas e saborosas de Coristanco, de carballo ou da Limia, sexan ou non de regadío, sempre boas para cocer, para fritir, para o forno de leña, para asar e para requentar.  Con ovos fritos, con liscos, pemento e cebola, son o mellor do mellor. As galegas son de carne branca, de pel amarela e delgada, de ollos abertos e de gusto exquisito.

Aínda así, recoñecendo a súa valía, cómpre atención ás medidas fitosanitarias, recoñecendo que en Galicia hai zonas infestadas pola couza guatemalteca da pataca e por outras pestes que non as deixan medrar. A administración, nestes casos, obriga aos labregos a “comunicar inmediatamente, despois da sementeira, todas as parcelas cultivadas con pataca. Moitas ou poucas? 

Non se sabe. Son as que son, dende unha mirada son moitísimas e, dende outro ángulo, vense menos. Os datos do Ministerio (de tódolos Ministerios) son contundentes, apuntan á obrigatoriedade de coidar os produtos de consumo, sabendo que o da pataca vai en aumento. Ao parecer, no Estado Español, cómense patacas en abundancia, cultívanse e expórtanse, frítense e conxélanse.  
Ao entrar nesta era da tecnoloxía, do coñecemento inmediato, do saber ou sen saber nada, encontraremos leiras enormes de patacas sementadas e con sistemas informáticos controladas. Controladas as patacas e a súa produción, para erradicar inmediatamente as que non dan nada ou as que dan menos.
Os espertos, axudados pola tecnoloxía, prepararán a semente, a terra e o esterco, farán os regos longos e perfectamente aliñados, debuxarán a leira enteira coas patacas nacidas, daranlle á tecla coa man ou coa voz, sementarán as patacas, que enseguida agrelarán, para seguir medrando, ao gusto do consumidor.

A Tía Manuela, encantada, está contenta de saber que o arado romano segue sendo moi útil para a poesía e de que as patacas poden dar boa colleita, sen que as mans do produtor rasquen a terra. Aí está o presente, poden nacer, medrar e cocer, sen patacas de semente, sen leira, sen labrego e sen  tempo. O  señor Nazario da Morandeira, se vira tanta tecnoloxía, morrería de súpeto.


Artigo publicado en:

El Progreso (01/06/21)
La Región (02/06/21)
El Correo Gallego (02/06/21)
El Ideal Gallego (03/06/21)
Diario de Arosa (03/06/21)

Artigos publicados anteriormente:

304). As patacas da semente (02/06/21)
303). Escusas por milleiros (26/05/21)
302). Carne de cabalo (19/05/21)
301). Liberdade, efectivamente (12/05/21)
300). A horta e a alma súa (05/05/21)
299). Observatorios para nada (28/04/21)
298). Atención e respecto (21/04/21)
297). Aplicación, de que? (14/04/21)
294). As árbores senlleiras (24/03/21)
293). As patacas novas  (17/03/21)
292). Recordar é saúde  (10/03/21)
291). Un sinal de alerta (03/03/21)
290). A grandeza da gaita de fol (24/02/21)
289). Medo, para que? (17/02/21)
288). Á disposición dos lobos (10/02/21)
287). As variantes  (03/02/21)
284). Quen é aquel nada? (13/01/21)
283). Os motores do desenvolvemento (06/01/21)
282). A tenrura do neno pequeniño (30/12/20)
281). Aprendiz, antes que mestre (23/12/20)
280). Quen manda aquí? (16/12/20)
279). Confinamento, mellor na casa (09/12/20)
278). Cousas do demo (02/12/20)
277). Regulamentos, por moreas (25/11/20)
274). Cita previa (04/11/20)
273). Alarmas continuadas (28/10/20)
272). A palabra dada (21/10/20)
262). Un mal sen parangón (12/08/20)
261). De punta en branco (05/08/20)
260). No alcance da mirada (29/07/20) 
259). A ilusión de mandar (22/07/20)
256). Confianza, para rexenerar a esperanza (01/07/20)
255). Cada vez queren gañar máis (24/06/20)

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu