Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

A peste esténdese polos despachos

Luís Celeiro

14/06/2021


Non é unha peste calquera, é unha ruína para a sociedade enteira, unha vergoña que anda polas residencias, polas prazas públicas, polos organismos oficias e que se introduce de maneira mala no pensar, no facer, no responder e, polo tanto, no actuar constante de algúns funcionarios, que reciben aos cidadáns cos minutos contados; cronometrados, se é na hora do café. Non hai reposta a nada, ofrecen consignas ou palabras sen contido, igual que aquel “vuelva usted mañana”, igual, tal cal, como se conta.

Ela estaba na súa mesa sentada, detrás dunha vertical con cristal ensombrecido, e notábaselle, ao engurrar a testa, que algo había. - “Séntese, señora. Cale e non grite, escoite!: teño uns minutos contados para atender o seu caso e nada máis”. -O meu caso é un expediente de principios da década pasada e que agora, ao parecer, teño que facer unha reclamación. -Efectivamente, estou lendo a resolución que lle enviamos, na semana pasada, e o que lle queda é reclamar, facer unha reclamación e presentala no prazo sinalado, para que a autoridade competente resolva.

Ha! Pero podo facerlle unha pregunta, cal sería o motivo da tardanza desta resolución recentemente ditada? -Non sei nada, a vostede quédalle -como digo- a vía do recurso. Recorra!  Fágao por internet ou vaia a unha xestoría. -Moitas grazas, señorita. Con tanta internet sobran milleiros de funcionarias. Con tanta ineficacia, con tanto abuso, con tanta présa, tanto café e tanta burocracia, a cidadanía queda espida completamente e sen razón. 

A vía do recurso, dicía a oficinista, aquela feiticeira e irritada operaria sentada, detrás do cristal, nunha cadeira tapizada de funcionaria, con máscara combinada coa camisa que levaba. Tiña carácter triste como a vidalita que lle gustaba, pero non paraba, aferrábase á lectura da resolución que enviaran e: “xa sabe, recorra, señora!, recorra no prazo estipulado, non deixe pasar máis tempo”. 

A Tía Manuela sábeo por experiencia, “hai servidores públicos, a inmensa maioría, de enorme eficiencia, e hai funcionarios que non teñen perdón de Deus, séntanse ao quente, se é no inverno, e acenden o aire acondicionado cando queren o cuarto fresco”.  Camilo José Cela referiuse nalgunha ocasión á ditadura do funcionario, unha peste que se estende polos despachos e pode matar a quen lle toque.

Artigo publicado en:

El Progreso (15/06/21)
La Región (16/06/21)
El Correo Gallego (16/06/21)
El Ideal Gallego (17/06/21)
Diario de Arosa (17/06/21)

Artigos publicados anteriormente:

304). As patacas da semente (02/06/21)
303). Escusas por milleiros (26/05/21)
302). Carne de cabalo (19/05/21)
301). Liberdade, efectivamente (12/05/21)
300). A horta e a alma súa (05/05/21)
299). Observatorios para nada (28/04/21)
298). Atención e respecto (21/04/21)
297). Aplicación, de que? (14/04/21)
294). As árbores senlleiras (24/03/21)
293). As patacas novas  (17/03/21)
292). Recordar é saúde  (10/03/21)
291). Un sinal de alerta (03/03/21)
290). A grandeza da gaita de fol (24/02/21)
289). Medo, para que? (17/02/21)
288). Á disposición dos lobos (10/02/21)
287). As variantes  (03/02/21)
284). Quen é aquel nada? (13/01/21)
283). Os motores do desenvolvemento (06/01/21)
282). A tenrura do neno pequeniño (30/12/20)
281). Aprendiz, antes que mestre (23/12/20)
280). Quen manda aquí? (16/12/20)
279). Confinamento, mellor na casa (09/12/20)
278). Cousas do demo (02/12/20)
277). Regulamentos, por moreas (25/11/20)
274). Cita previa (04/11/20)
273). Alarmas continuadas (28/10/20)
272). A palabra dada (21/10/20)
262). Un mal sen parangón (12/08/20)
261). De punta en branco (05/08/20)
260). No alcance da mirada (29/07/20) 
259). A ilusión de mandar (22/07/20)
256). Confianza, para rexenerar a esperanza (01/07/20)
255). Cada vez queren gañar máis (24/06/20)

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu