Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

A herdanza, vaiche boa!

Luís Celeiro

07/07/2021


Non tiña nada para darlles aos seus fillos. Durmían nunha casa herdada, vella, moi vella e con deficiencias en tódalas paredes, no teito, nas fiestras e na porta. Era vella, con danos estruturais de difícil reparación, coa pintura ennegrecida e os canlóns rebordando, ao pouco que chova. Pais e fillos eran tan pobres como moitos outros, como a maioría dos veciños traballadores do barrio, dos comercios do barrio, das tendas achegadas, dos oficios que non quedan, traballadores de nada, repartidores a domicilio, porta a porta, paso a paso, á présa e a galope, correndo sen parar, detrás das indicacións do GPS.

Son herdeiros do sufrimento, da melancolía e de máis nada. Os falares dos políticos sobre a subida ou a baixada dos impostos de doazóns, patrimonio e sucesións non van moito con eles, pero están atentos e preocupados polo que poida pasar. Atentos tamén aos xogos de azar, á lotería nacional, esa que só toca para pagar, como se fose feita para enganar.

Os impostos sobre as herdanzas son para moitos unha inxustiza, que obriga a pagar o xa pagado, para outros son irrelevantes, e hai un terceiro grupo de cidadáns que defenden a igualdade sen os privilexios do berce no que se nace. Todos iguais diante da lei, diante do futuro e diante de nós.

Uns pensan así e outros pensan doutra maneira. A Tía Manuela defende a herdanza da experiencia e do coñecemento e quere que os herdeiros a agranden e a estendan, canto poidan. Unha herdanza que Facenda non pode abrasar con trabucos e que, pola contra, ten un elevado valor para a sociedade enteira, para os novos e para os maiores.

Hai quen non pode pagar os impostos polos bens da herdanza e hai quen non paga polo que herda, sexa moito ou sexa pouco. Para entendelo hai que prestarlle atención ao Diario Oficial, aos distintos diarios oficiais, esas publicacións editadas polas institucións e pagadas pola cidadanía, a través dos propios impostos.

E, se tes catro casas na túa herdanza, para que as queres? Que fas con elas? Quen sabe? Non son tódolos casos iguais, pero todos teñen (temos) unha herdanza biolóxica e unha herdanza cultural que nos diferencia, esa que marca claramente quen somos, de onde somos e como fomos ao longo da historia. A herdanza do respecto, da solidariedade, da comprensión e o entendemento é unha enorme riqueza. A das posesións e das propiedades, vaiche boa!


Artigo publicado en:

El Progreso (06/06/21)
La Región (07/07/21)
El Ideal Gallego (08/07/21)
Diario de Arosa (08/07/21)

Artigos publicados anteriormente:

309). A herdanza, vaiche boa! (07/07/21)
308). Elas ou eles, que falen! (30/06/21)
307). Sorrindo para o recordo (23/06/21)
304). As patacas da semente (02/06/21)
303). Escusas por milleiros (26/05/21)
302). Carne de cabalo (19/05/21)
301). Liberdade, efectivamente (12/05/21)
300). A horta e a alma súa (05/05/21)
299). Observatorios para nada (28/04/21)
298). Atención e respecto (21/04/21)
297). Aplicación, de que? (14/04/21)
294). As árbores senlleiras (24/03/21)
293). As patacas novas  (17/03/21)
292). Recordar é saúde  (10/03/21)
291). Un sinal de alerta (03/03/21)
290). A grandeza da gaita de fol (24/02/21)
289). Medo, para que? (17/02/21)
288). Á disposición dos lobos (10/02/21)
287). As variantes  (03/02/21)
284). Quen é aquel nada? (13/01/21)
283). Os motores do desenvolvemento (06/01/21)
282). A tenrura do neno pequeniño (30/12/20)
281). Aprendiz, antes que mestre (23/12/20)
280). Quen manda aquí? (16/12/20)
279). Confinamento, mellor na casa (09/12/20)
278). Cousas do demo (02/12/20)
277). Regulamentos, por moreas (25/11/20)
274). Cita previa (04/11/20)
273). Alarmas continuadas (28/10/20)
272). A palabra dada (21/10/20)
262). Un mal sen parangón (12/08/20)
261). De punta en branco (05/08/20)
260). No alcance da mirada (29/07/20) 
259). A ilusión de mandar (22/07/20)
256). Confianza, para rexenerar a esperanza (01/07/20)
255). Cada vez queren gañar máis (24/06/20)

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu