O tren xa non fai chacachá, anda silencioso, caladiño e vai nun santiamén dun lugar a outro, de lonxe a lonxe, sen parar. Cando pasa por Redondela estremece as pontes de Madrid e Pontevedra, as dúas de finais do século dezanove. Atrevido e veloz pasa o tren marcando distancias co pasado, con aqueles camiños de ferro e travesas de carballo. Vai cortando o vento co seu fociño, como quen corta queixo fresco ou marmelo doce.
Vai polo aire, acercando ou separando, constituÃndo sempre unha oferta supostamente atractiva en moitos programas electorais. Vai e volve o tren en tódolos informativos, nas radios locais e nas de cobertura global, nas páxinas dos xornais, nas televisións todas, nos faladoiros e nos mentireiros. Pero non, non forma parte dese necesario programa de comunicacións que axude a vertebrar o territorio do paÃs.
Parece mentira! Pero quen queira ir en tren de Santiago a Lugo, un xoves como hoxe, ten dúas opcións: unha, saÃr ás 16 horas e chegar as 18,35 e outra, por A Coruña, aÃnda máis lenta, con saÃda ás 18,22 horas e chegada ás 21,27. De Ourense a Ferrol só hai unha opción, no dÃa de hoxe, saÃr ás 18,55 horas e chegar ás 21,30. É para que poidan presumir de eficiencia os programadores, os que deseñan, os que mandan e, mesmamente, os que gobernan.
Alta velocidade, si señora! Aà vén o tren, aà pasa cara alá e de alá vén sen parar. Non hai ferroviarios, non hai faros para alumear, non hai billetes nin hai estacións para mercalos. Quedan lembranzas agarimosas ou amargas, todas elas sumidas na escuridade total, enterradas no túnel do tempo, sen ver solpor nin amencer, probablemente, nunca máis.
A onde irá aquela realidade á que cantaba Andrés do Barro: “O tren que me leva pola beira do Miño / me leva e me leva polo meu camiñoâ€. Naqueles tempos, cando “o tren Ãa andando pasiño a pasiñoâ€, engorde, amodo e recorrendo, pouco a pouco, a distancia entre apeadoiros e estacións. Era un medio de comunicación con moita utilidade para que a poboación puidera vivir en lugares afastados. Moi interesante, pero incerto.
Todo cambia, efectivamente, para cambiar de responsables e aprazar as responsabilidades. Como di a TÃa Manuela, se lle cargan as alforxas e obrigan ao burro a ir marcando a vÃa de Vigo a Zamora, por Santiago e sen parar, morrerÃa de resentimento por tanto mal e maltrato á sociedade, á xente, pola que ninguén espera na estación.
|