A poboación mundial vai a máis. Segundo os datos aportados pola ONU (Nacións Unidas) somos máis de sete mil
setecentos millóns de persoas no mundo, das que o 49,5% son mulleres. As
previsións din que para o ano 2050 o mundo dará acubillo a dous mil millóns
máis e, en 2100 poderán ser once mil millóns de persoas as que vivan e malvivan
no planeta. En 1950 eran dous mil seiscentos millóns.
Os paÃses con maior número de habitantes na actualidade son China, con
máis de mil catrocentos millóns, e India, que se aproxima a esta enorme
cantidade. Estados Unidos ten máis de trescentos millóns e Indonesia, Pakistán,
Brasil e Nixeria superan os douscentos millóns de habitantes e con algúns
menos, pero máis de cen millóns, están Bangladés, Rusia, México, Xapón,
EtiopÃa, Filipinas e Exipto. Os máis poboados de Europa son, pola seguinte
orde: Rusia, Alemaña, Francia, Italia, Reino Unido, España e Ucrania.
E, que comerá tanta xente? Moitos deles, nada. Non teñen nada para
comer e non poden beber auga, non teñen auga potable. No mundo, cerca de mil
cincocentos millóns de cidadáns son pobres e, segundo algunhas ONGs, os paÃses
desenvolvidos prestan pouca atención a este dato, cun desinterese que axuda e
fomenta a desigualdade, permitindo o desaproveitamento de millóns de toneladas
de alimentos. Cos vÃveres que se malgastan poderÃanse alimentar millóns de
persoas que teñen fame.
Moitos outros factores atrancan o desenvolvemento e axudan a xerar
pobreza, entre eles aquelas grandes corporacións que se aproveitan da man de
obra barata e necesitada, impedindo que o seu paÃs despegue. Pero hai máis, a
seca que impide a produción de alimentos, a deforestación que axuda á erosión e
dificulta as colleitas; as enfermidades e epidemias, que aparecen aparentemente
de repente e non se van nunca; a corrupción que se estende polos paÃses ricos e,
aÃnda máis, polos pobres; a enorme desigualdade no reparto dos recursos,
quedando moitos sen nada e outros con todo ou case todo.
Tampouco hai que esquecer a maldade das guerras e os conflitos bélicos,
que desfán o mundo, matan á poboación, encérrana en campos de concentración ou
obrÃgana a fuxir. E, para eliminar ou reducir a pobreza, como di a TÃa Manuela,
“é necesario evitar tódalas desigualdades e discriminaciónsâ€, permitindo que tódalas muller e tódolos homes
do mundo teñan as mesmas oportunidades e os mesmos dereitos.
|