Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

Elas ou eles, que falen!

Luís Celeiro

30/06/2021


Despois de escoitar a unha das ministras do goberno de España, aquela señora, amiga das linguas e comprometida coa ensinanza das románicas, botou as mans á cabeza, sustentouna con dificultade e apagou a televisión, coa intención de non volver acendela ata que pasara un tempo. Despois na radio do coche escoitou a outra ministra do mesmo Goberno, que aínda falaba peor e que era máis impetuosa que a compañeira primeira. Decontado, ao chegar ao despacho da Universidade onde traballaba, escribiu unha carta para o presidente do Goberno, para aconsellarlle un curso básico de lingua, lectura e escritura para aqueles membros do equipo que el considerara que tiñan capacidade e interese para aprender.

Non foi nada! Os contidos do programa parecéronlle  ao propio presidente de baixo nivel, ademais as ministras non entenderán que veña unha catedrática da Universidade a ensinarlles vocabulario, “para iso -di, toda oufana, a portavoz do Goberno- apoiamos e incentivamos o acceso ao dicionario, a través de internet”. Aí seguimos, cada louco co seu tema. Boas tarde e ata mañá!.

Hai quen apela á linguaxe inclusiva como garante da liberdade e da igualdade, pero hai outras persoas, coa mesma ou superior formación, que non o entenden así, que lles gusta o emprego da lingua para a comunicación, para o diálogo e a comprensión, en calquera dos ámbitos nos que se move.  Hai pais e nais, avós e avoas, fillas e fillos, parentes, irmáns e compañeiros da escola, da rúa e dos andares. Hai mestras, monxas e cregos, médicas e médicos, carpinteiras e xastres que fan traballos encomiables, como os pescadores pescan e as municipais da cidade interrompen  o tráfico para que as condutoras e condutores circulen pola paralela, libremente pola vía que lles mandan.

Non importa o xénero. O avó Manolo, o Manolo de sempre, ten todo o dereito a ser, cando queira, a avoa Manola. Vaiche boa, Carballeira! Non se entende nada. Alí estaban os rapaces e as rapazas xogando, coma sempre, e -ao carón- os pais, nais, paies e naies discutindo sobre a relevancia da utilización correcta da linguaxe, das estupideces que, ás veces, practican esas minorías da xente da política e da lamentable deformación que se estende, pasando de atril a atril, polos lares da terra nosa.

Díxoo moi ben a Tía Manuela, “era mellor que gobernaran e, despois, se tiñan algo que dicir elas ou eles, que falen e que non calen nada!”

Artigo publicado en:

El Progreso (29/06/21)
La Región (30/06/21)
El Ideal Gallego (01/07/21)
Diario de Arosa (01/07/21)

Artigos publicados anteriormente:

308). Elas ou eles, que falen! (30/06/21)
307). Sorrindo para o recordo (23/06/21)
304). As patacas da semente (02/06/21)
303). Escusas por milleiros (26/05/21)
302). Carne de cabalo (19/05/21)
301). Liberdade, efectivamente (12/05/21)
300). A horta e a alma súa (05/05/21)
299). Observatorios para nada (28/04/21)
298). Atención e respecto (21/04/21)
297). Aplicación, de que? (14/04/21)
294). As árbores senlleiras (24/03/21)
293). As patacas novas  (17/03/21)
292). Recordar é saúde  (10/03/21)
291). Un sinal de alerta (03/03/21)
290). A grandeza da gaita de fol (24/02/21)
289). Medo, para que? (17/02/21)
288). Á disposición dos lobos (10/02/21)
287). As variantes  (03/02/21)
284). Quen é aquel nada? (13/01/21)
283). Os motores do desenvolvemento (06/01/21)
282). A tenrura do neno pequeniño (30/12/20)
281). Aprendiz, antes que mestre (23/12/20)
280). Quen manda aquí? (16/12/20)
279). Confinamento, mellor na casa (09/12/20)
278). Cousas do demo (02/12/20)
277). Regulamentos, por moreas (25/11/20)
274). Cita previa (04/11/20)
273). Alarmas continuadas (28/10/20)
272). A palabra dada (21/10/20)
262). Un mal sen parangón (12/08/20)
261). De punta en branco (05/08/20)
260). No alcance da mirada (29/07/20) 
259). A ilusión de mandar (22/07/20)
256). Confianza, para rexenerar a esperanza (01/07/20)
255). Cada vez queren gañar máis (24/06/20)

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu