Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

Ringleiras de xente esperando

Luís Celeiro

21/07/2021


Por onde queira que vaias atopas ringleiras de xente esperando, formando cola para todo, arrabeando, agardando sen saber canto tempo tarda a xestión, cando estarán de volta co labor feito. Á cola para todo e en tódolos lugares, nas entradas dos bancos, nos caixeiros automáticos, alí onde hai comida feita, nos dispensarios de asistencia médica e nas farmacias, nas tendas dos chinos e nas que venden flores ornamentais ou mortuorias.

Esa cola é para comprar a entrada, aquela para entrar ao cine e esta que está ao carón é para deixar o nome, os apelidos e o correo electrónico, por mor da covid-19, que fixo e segue a facer estragos.  Colas para comulgar, para entrar na catedral de Santiago pola Porta Santa ou por calquera outra, para visitar o Pórtico da Gloria ou para acender as lámpadas da esmola. As lámpadas da esmola acéndese coa tarxeta de crédito ou, mesmamente e directamente, con moedas como as das tragaperras, que garanten pago legal e seguro.

Os días de festa aínda hai máis colas, nas máquinas de peaxe das autoestradas, nas gasolineiras, nos aparcadoiros das praias, e na entrada ás areentas parcelas acoutadas, unhas cerradas e outras marcadas. Colas nos baños públicos, nos restaurantes e nos chiringuitos. E ringleiras interminables de xente abafada e de coches no retorno á casa.

Cómpre facer cola para todo, para servirse e para servir, para entrar e para saír, para dar e para recibir. Na cociña económica de cada lugar hai xente que espera, que ten fame e espera quenda. E, naquelas tendas que non teñen cola, a xente non entra. Que pasa? Colas inmensas nos lugares de vacinación, nos santuarios do perdón, nos ximnasios e nas tendas que ofertan internet ou telefonía móbil. Nas oficinas do paro, nos paseos matinais, antes de que aperte o sol; nos centros médicos e para as solicitudes do INSERSO, hai colas quilométricas que non se acaban nunca.

Saber esperar é outra cousa. É unha filosofía de vida, unha arte que algúns posúen, “aqueles con maior capacidade de autocontrol e de tolerancia á frustración”. Estes mesmos tamén desesperan cando esperan pola semana que vén ou esperan que  cambie o tempo.

En rea, aos cidadáns queren poñelos (poñernos)  en fila, de modo que entre todos se forme una liña longa que avance con todos ao mesmo paso, se é posible un paso seguro cara a indiferenza, que -como di a Tía Manuela- “é un paso seguro cara a nada”.

Artigo publicado en:

El Progreso (20/06/21)
La Región (21/07/21)
El Ideal Gallego (22/07/21)
Diario de Arosa (22/07/21)

Artigos publicados anteriormente:

310). Ninguén espera na estación (14/07/21)
309). A herdanza, vaiche boa! (07/07/21)
308). Elas ou eles, que falen! (30/06/21)
307). Sorrindo para o recordo (23/06/21)
304). As patacas da semente (02/06/21)
303). Escusas por milleiros (26/05/21)
302). Carne de cabalo (19/05/21)
301). Liberdade, efectivamente (12/05/21)
300). A horta e a alma súa (05/05/21)
299). Observatorios para nada (28/04/21)
298). Atención e respecto (21/04/21)
297). Aplicación, de que? (14/04/21)
294). As árbores senlleiras (24/03/21)
293). As patacas novas  (17/03/21)
292). Recordar é saúde  (10/03/21)
291). Un sinal de alerta (03/03/21)
290). A grandeza da gaita de fol (24/02/21)
289). Medo, para que? (17/02/21)
288). Á disposición dos lobos (10/02/21)
287). As variantes  (03/02/21)
284). Quen é aquel nada? (13/01/21)
283). Os motores do desenvolvemento (06/01/21)
282). A tenrura do neno pequeniño (30/12/20)
281). Aprendiz, antes que mestre (23/12/20)
280). Quen manda aquí? (16/12/20)
279). Confinamento, mellor na casa (09/12/20)
278). Cousas do demo (02/12/20)
277). Regulamentos, por moreas (25/11/20)
274). Cita previa (04/11/20)
273). Alarmas continuadas (28/10/20)
272). A palabra dada (21/10/20)
262). Un mal sen parangón (12/08/20)
261). De punta en branco (05/08/20)
260). No alcance da mirada (29/07/20) 
259). A ilusión de mandar (22/07/20)
256). Confianza, para rexenerar a esperanza (01/07/20)
255). Cada vez queren gañar máis (24/06/20)

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu