Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

As mesmas oportunidades

Luís Celeiro

04/08/2021

 

A poboación mundial vai a máis. Segundo os datos aportados pola ONU (Nacións Unidas) somos máis de sete mil setecentos millóns de persoas no mundo, das que o 49,5% son mulleres. As previsións din que para o ano 2050 o mundo dará acubillo a dous mil millóns máis e, en 2100 poderán ser once mil millóns de persoas as que vivan e malvivan no planeta. En 1950 eran dous mil seiscentos millóns.

Os países con maior número de habitantes na actualidade son China, con máis de mil catrocentos millóns, e India, que se aproxima a esta enorme cantidade. Estados Unidos ten máis de trescentos millóns e Indonesia, Pakistán, Brasil e Nixeria superan os douscentos millóns de habitantes e con algúns menos, pero máis de cen millóns, están Bangladés, Rusia, México, Xapón, Etiopía, Filipinas e Exipto. Os máis poboados de Europa son, pola seguinte orde: Rusia, Alemaña, Francia, Italia, Reino Unido, España e Ucrania.

E, que comerá tanta xente? Moitos deles, nada. Non teñen nada para comer e non poden beber auga, non teñen auga potable. No mundo, cerca de mil cincocentos millóns de cidadáns son pobres e, segundo algunhas ONGs, os países desenvolvidos prestan pouca atención a este dato, cun desinterese que axuda e fomenta a desigualdade, permitindo o desaproveitamento de millóns de toneladas de alimentos. Cos víveres que se malgastan poderíanse alimentar millóns de persoas que teñen fame.

Moitos outros factores atrancan o desenvolvemento e axudan a xerar pobreza, entre eles aquelas grandes corporacións que se aproveitan da man de obra barata e necesitada, impedindo que o seu país despegue. Pero hai máis, a seca que impide a produción de alimentos, a deforestación que axuda á erosión e dificulta as colleitas; as enfermidades e epidemias, que aparecen aparentemente de repente e non se van nunca; a corrupción que se estende polos países ricos e, aínda máis, polos pobres; a enorme desigualdade no reparto dos recursos, quedando moitos sen nada e outros con todo ou case todo.

Tampouco hai que esquecer a maldade das guerras e os conflitos bélicos, que desfán o mundo, matan á poboación, encérrana en campos de concentración ou obrígana a fuxir. E, para eliminar ou reducir a pobreza, como di a Tía Manuela, “é necesario evitar tódalas desigualdades e discriminacións”,  permitindo que tódalas muller e tódolos homes do mundo teñan as mesmas oportunidades e os mesmos dereitos.


Artigo publicado en:

El Progreso (03/08/21)
La Región (04/08/21)
El Ideal Gallego (05/08/21)
Diario de Arosa (05/08/21)

Artigos publicados anteriormente:

313). As mesmas oportunidades  (04/08/21
310). Ninguén espera na estación (14/07/21)
309). A herdanza, vaiche boa! (07/07/21)
308). Elas ou eles, que falen! (30/06/21)
307). Sorrindo para o recordo (23/06/21)
304). As patacas da semente (02/06/21)
303). Escusas por milleiros (26/05/21)
302). Carne de cabalo (19/05/21)
301). Liberdade, efectivamente (12/05/21)
300). A horta e a alma súa (05/05/21)
299). Observatorios para nada (28/04/21)
298). Atención e respecto (21/04/21)
297). Aplicación, de que? (14/04/21)
294). As árbores senlleiras (24/03/21)
293). As patacas novas  (17/03/21)
292). Recordar é saúde  (10/03/21)
291). Un sinal de alerta (03/03/21)
290). A grandeza da gaita de fol (24/02/21)
289). Medo, para que? (17/02/21)
288). Á disposición dos lobos (10/02/21)
287). As variantes  (03/02/21)
284). Quen é aquel nada? (13/01/21)
283). Os motores do desenvolvemento (06/01/21)
282). A tenrura do neno pequeniño (30/12/20)
281). Aprendiz, antes que mestre (23/12/20)
280). Quen manda aquí? (16/12/20)
279). Confinamento, mellor na casa (09/12/20)
278). Cousas do demo (02/12/20)
277). Regulamentos, por moreas (25/11/20)
274). Cita previa (04/11/20)
273). Alarmas continuadas (28/10/20)
272). A palabra dada (21/10/20)
262). Un mal sen parangón (12/08/20)
261). De punta en branco (05/08/20)
260). No alcance da mirada (29/07/20) 
259). A ilusión de mandar (22/07/20)
256). Confianza, para rexenerar a esperanza (01/07/20)
255). Cada vez queren gañar máis (24/06/20)

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu